Todo comezou en verán hai unha decada. Entre música, risas e algo que non soubemos explicar nese momento, atopámonos. Desde entón, as nosas vidas non deixaron de cruzarse, unirse e crecer xuntas.
Fomos vivir fóra, compartimos novas etapas, retos, cambios… e tamén altibaixos, porque o amor de verdade non é perfecto, pero si auténtico. E nós sempre soubemos atoparnos mesmo nos momentos máis difíciles.

En decembro de 2023 Jacobo decidiu dar o paso e pedirlle matrimonio a Inés, porque despois de todo o vivido, non hai dúbida: ela é a persoa coa que quere compartir a súa vida enteira.
Hoxe queremos celebralo con quen estivo aí ao longo da travesía.
Porque este “si” non é só un día, é a promesa de seguir elixíndonos sempre. E encantaríanos que ti tamén formes parte dese momento tan especial.

A sacar as mellores galas, pero sobre todo, a pasalo xenial! Sabemos que nunha voda sempre hai expectativa sobre que poñerse, pero nesta ocasión, o máis importante non é o vestido ou o traxe perfecto (aínda que… encántanos que luzades espectaculares!), o que realmente nos importa é que vos divirtades como nunca. Así que, vide co que máis vos guste, sempre con ese toque persoal que vos faga sentir cómodos e listos para bailar ata o amencer. A festa está asegurada!

Achégase o gran día e encantaríanos que estiveras alí!
Queremos compartir este momento tan especial contigo, así que se che apetece vir, cóntanolo para poder organizalo todo con agarimo e que non falte nin comida nin copas.
Só tes que facer clic no botonciño de abaixo para encher unha pequena enquisa e confirmar. Fasnos un favor enorme!
Grazas por formar parte desta historia ¡Vémonos pronto!

Se sacaches fotos ou gravaches vídeos durante a voda, encantaríanos velos!
Seguro captaches momentos únicos, caras graciosas, bailes épicos e detalles que a nós se nos escapáron entre tanta emoción.
Preparamos un sitio onde podes subir todo o que teñas, fácil e rápido. Só tes que descargar Dots.Memories e unirte ao noso album co código SzDiCIpH
Mil grazas por axudarnos a revivir este día tan especial desde todos os ángulos!